Esta pequena autoedición foi o resultado da primeira convocatoria do Taller Reinicio, organizado pola Fundación Luis Seoane en dúas partes, no ano 2020 e no ano 2021. A proposta fala da emigración, dos recordos e a memoria. Trátase dunha pequena historia creada con anacos de textos reais e fotografías propias sacadas cunha cámara estenopeica.